Troita no río furelos morta
Foto da Asociación de Troiteiros
22 de xuño de 2024 (19:45 h.)
O pasado día 22 contra as 17.30 horas comezaron a aparecer troitas mortas no canal do río Furelos que recolle augas á altura da Tosta que, noutros tempos, tal e como lembra a Asociación de Troiteiros "Río Furelos", levaba a auga para o muíño de Luzdivina. O colectivo puxo os feitos en coñecemento do 112 e alí se presentaron membros da Garda Civil, Medio Ambiente da Xunta e do Control de Vertidos de Augas de Galicia.
Sobre as 20.00 horas achegáronse a tenente de alcalde e responsable d área de Política Social, Saúde e Deportes, Carme Liñeira Sánchez, e o Responsable-Xefe de Gabinete da alcaldía, Adrián Iglesias Casal. As troitas mortas foron unhas 50 e medían entre 5 cm e 39,5 cm.
Segundo a asociación, as causas deste incidente apuntan aos arranxos que se están realizando na piscina para a súa apertura, xa sexa por unha fuga de cloro ou pola utilización dalgún outro produto. Haberá que agardar polo informe que resulte da analítica realizada polos organismos competentes.
Según as primeiras informacións as troitas mortas son máis de 50, e dun tamaño moi bo, e posiblemente por desgracia hai máis troitas mortas que aínda non se puideron localizar