Sábado. 29.06.2024

O Concello de Oroso conta cunha nova veciña centenaria. Trátase de Esperanza Cao Blanco, que vén de cumprir 100 anos este 18 de xuño. Co gallo da efeméride, o alcalde visitouna para felicitala en nome de toda a corporación municipal. Tra-lo encontro, Alex Doval constatou que “da gusto chegar aos 100 anos con esa alegría e con tanta chispa e boa retranca galega”.

Esperanza naceu en Barbeiros, en Ordes, e casou co orosán Manuel Veiras, do que é viúva. Logo dunha vida traballando como labrega, na actualidade reside en Deixebre, goza de boa saúde, camiña dous kilómetros diarios e apenas toma medicamentos.

Nai de José, Jesús e Josefina, ca que reside actualmente co seu xenro Ramón, é avoa de 8 netos e bisavoa de 7 bisnetos.