Xoves. 27.06.2024

A contorna da Fábrica Azucreira do concello de Portas será o escenario dunha nova edición, a décimo segunda xa, do Festival PortAmérica, a cita cultural do noroeste peninsular que fusiona a música e a gastronomía dos dous lados do Atlántico, e que se desenvolverá dende as 17.30 horas do xoves 4 ata o peche o sábado 6 de xullo de madrugada. 

Rock, pop, indi, sons latinos ou electrónica do panorama galego, nacional e internacional coma Vetusta Morla, Aitana, Ilegales, Rodrigo Cuevas, Arde Bogotá, Juanes, León Benavente, Toquinho ou Galician Army, ata  conformar un cartel con case 30 artistas e formacións de todos os estilos e para todos os gustos, poñerán a música nun festival no que a gastronomía tamén é a outra gran protagonista. (Horarios e cartel).

Juanes será un dos artistas internacionais que actuará neste PortAmérca 2024 (Foto: PortAmérica)
Juanes será un dos artistas internacionais que actuará neste PortAmérca 2024 (Foto: PortAmérica)

Máis dunha trintena de chefs, algúns reposteiros, de renome internacional ofrecerán aos asistentes, no que é o ShowRocking, as súas tapas e petiscos creados para a ocasión e que son a maridaxe perfecta para gozar de longas horas de concertos.

O espazo ShowRock ofrece aos asistentes as eleaboracións gastronómicas de chefs de renome (Foto: PortAmérica)
O espazo ShowRock ofrece aos asistentes as eleaboracións gastronómicas de chefs de renome

Comisariado por Pepe Solla, o ShowRocking levará a enerxía aos festivaleiros a través das elaboracións de cociñeiros como Antonio Arrabal de La Jamada en Burgos; Javi Olleros do Culler de Pau do Grove, Diego Guerrero do Dstage de Madrid; Maca de Castro do restaurante que leva o seu nome en Alcudia; Ana García e Guille Moscoso de Pan da Moa ou Rocío Parra do En la Parra de Salamanca, entre moitos outros. Ademáis, no mesmo espazo do ShowRocking desenvolveranse concertos sorpresa.

Pero ademáis, PortAmérica aposta pola sustentabilidade, natural e social, e pola conservación e mantemento do entorno no que se desenvolve o festival, por iso na planificación e execución do mesmo, a organización pon en valor os recursos sociais, económicos e ambietais dispoñibles, sen comprometer os recursos para as xeracións futuras, dinamizando ao mesmo tempo o entorno económico local, e promovendo a integración social e a accesibilidade universal. Xa na pasada edición, PortAmérica implementou diferentes iniciativas inclusivas e solidarias.

PortAmérica aposta pola sustentabilidade natural e social do festival (Foto:PortAmérica)
PortAmérica aposta pola sustentabilidade natural e social do espazo do festival (Foto: PortAmérica)