A SD Compostela súmase aos ascensos conseguidos esta tempada polo Obradoiro á Liga ACB, polo HC Raxoi á OK Liga, e o terceiro consecutivo do CD Composala que xogará o vindeiro ano na 2ªB do fútbol sala nacional
A SD Compostela xa é de Segunda RFEF. O conxunto que dirixe José Manuel Martínez, Secho, aguantou o asedio do Badalona e fixo valer a renta de tres goles conseguida na ida da final nacional polo ascenso no Estadio Vero Boquete. Cunha temperatura superior aos 30 graos, a SD viuse obrigada a sacar o autobús para facer fronte ao asedio asfixiante dun conxunto catalán que saíu ao Estadi Municipal disposto a remontar.
Un dos grandes protagonistas foi o gardameta Álex Cobo que freou as acometidas constantes dun Badalona liderado polo seu capitán Larrosa, que o intentou unha e outra vez, mais a muralla compostelá mativo ata o descando a portería a cero cun traballo constante que achegaba aínda máis á SD á Segunda RFEF (Antes Terceira División).
Ao regreso dos vestiarios, o Badalona incrementou as súas acometidas ata que no minuto 69 Bermu abría a lata, provocando a intensificación dos ataques locais ante un Compostela cada vez máis encerrado atrás, con poucas ideas ofensivas, mais cun traballo titánico no seu campo que coa calor e o cansazo deron ás ao Badalona que co tanto de Bermu volveu crer na remontada.
Todo parecía ir de cara para o conxunto picheleiro, e xusto no último minuto, no 90, a mala sorte de Maceira, que saíra ao campo no sesenta en substitución de Charly López, marcaba en propia portería. O desconto foi un inferno para os santiagueses. O Badalona intentouno todo, ata coas subidas do seu porteiro Víctor López no saque dun córner, aínda crían na remontada que provocaría a disputa da prórroga. A SD desfacíase dos balóns como podía. Ao final o colexiado balear Juan José Pacheco pitaba o final do encontro, e o Compos conseguía por fin o ansiado ascenso á Segunda Federación, a pesar de sufrir unha das derrotas máis doces da súa historia.

Os afeccionados que se trasladaron a Badalona celebraron no campo cos xogadores e o adestrador a vistoria na eliminatoria e o ascenso, mentres na compostelá Praza da Quintana, na que se instaló unha pantalla xigante para seguir o encontro, centos de seaeiros festexaron este logro da SD que pechou unha gran tempada para o deporte da cidade cos ascensos do Obradoiro á ACB, do HC Raxoi á OK Liga feminina e o terceiro consecutivo do CD Composala que o vindeiro ano xogará na Segunda División B.




