Esta mañá celebrouse en Santiago de Compostela un foro sobre o chan industrial no que se abordaron temas sobre a dispoñibilidade deste tipo de chan en Galicia, os prazos administrativos e as necesidades de infraestruturas e servizos. Esta xornada estivo organizada polo Clube Financieiro de Santiago.
A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico (SEA),Beatriz Sestayo sinalou neste foro que Galicia conta con chan industrial, pero non sempre co tipo de parcelas que demanda actualmente o mercado. «Temos chan en abundancia, pero non de todo tipo», afirmou. A responsable de SEA apuntou ás novas necesidades relacionadas coa loxística, a tecnoloxía e a enerxía e defendeu que a planificación debe combinar a capacidade de responder as demandas inmediatas coa anticipación ás necesidades dos próximos anos.
O encontro puxo fronte a fronte as demandas do empresariado galego e a perspectiva das administracións e sociedades públicas responsables de planificar e xestionar estes espazos, co obxectivo de analizar os obstáculos que afrontan as compañías para desenvolver novos proxectos.
No foro participaron ademais da xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, a directora xeral do Igape, Covadonga Toca; o xerente de Xestur, Diego Toja; e o presidente da área Empresarial do Tambre, José Albores. O debate estivo moderado polo profesor de Economía de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) Javier Turienzo.








