PUBLICIDADE
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste 29 de maio

A Consellería do Medio Rural adoptou, como medida preventiva ante o incremento das temperaturas, a suspensión temporal -desde este venres, 29 de maio, e ata novo aviso- das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Polo tanto, non se autorizarán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste venres.

A medida preventiva adoptouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tense ademais en conta que a normativa establece a suspensión das queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Asemade, a Xunta pide unha vez máis a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde o venres e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal por parte dos particulares. A maiores, a Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

PUBLICIDADE

A Consellería do Medio Rural adoptou, como medida preventiva ante o incremento das temperaturas, a suspensión temporal –desde este venres, 29 de maio, e ata novo aviso– das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Polo tanto, non se autorizarán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste venres.

A medida preventiva adoptouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tense ademais en conta que a normativa establece a suspensión das queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Asemade, a Xunta pide unha vez máis a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde o venres e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal por parte dos particulares. A maiores, a Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.