Foi rexedor, con UCD e Coalición Galega, durante unha década, do 1979 ao 1989

Pesar en Oroso pola morte de Félix Rodríguez Vieites, o primeiro alcalde da democracia

Félix Rodríguez Vieites, rexedor de Oroso de 1979 a 1989, nunha imaxe de arquivo (Foto: Concello de Oroso)

O concello de Oroso está de loito. O que fora o primeiro alcalde da democracia, Félix Rodríguez Vieites, faleceu o pasado 17 de xuño. Veciño da parroquia de Deixebre, Rodríguez Vieites estivo ao fronte da alcaldía, con Unión de Centro Democrático (UCD) e con Coalición Galega, durante unha década dende o ano 1979 ao 1989. Perito de profesión e pai de dous fillos, deixou unha importante pegada no municipio durante os seus mandatos.

O rexedor actual do Concello, Álex Doval, informou a través da páxina web e das redes sociais municipais "do triste falecemento" do primeiro alcalde do municipio en democracia. E en nome do Concello e da veciñanza trasmitiu o seu "máis sincero pésame a súa familia, amigos e achegados".