Xoves. 04.07.2024

O concello de Oroso está de loito. O que fora o primeiro alcalde da democracia, Félix Rodríguez Vieites, faleceu o pasado 17 de xuño. Veciño da parroquia de Deixebre, Rodríguez Vieites estivo ao fronte da alcaldía, con Unión de Centro Democrático (UCD) e con Coalición Galega, durante unha década dende o ano 1979 ao 1989. Perito de profesión e pai de dous fillos, deixou unha importante pegada no municipio durante os seus mandatos.

O rexedor actual do Concello, Álex Doval, informou a través da páxina web e das redes sociais municipais "do triste falecemento" do primeiro alcalde do municipio en democracia. E en nome do Concello e da veciñanza trasmitiu o seu "máis sincero pésame a súa familia, amigos e achegados".