Domingo. 30.06.2024

O PP de Melide quere saber se o tripartito formado por AM, BNG e PSOE ten responsabilidade no vertido rexistrado o 22 de xuño no canal de Ludivina do río Furelos. Un vertido que provocou a morte de alomenos 50 troitas. Á espera das análises por parte das autoridades autonómicas, desde a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” non descartan que o ocorrido teña que ver cos arranxos levados a cabo na piscina municipal para a súa apertura.

A portavoz municipal do PP “esixiu” en nome do seu grupo que o tripartito “dea as explicacións pertinentes aos melidenses” polo sucedido. Dalia García lembra que cando gobernaba o seu partido deixoulle ao novo Executivo un proxecto de recuperación do río Furelos enriba da mesa, que o alcalde José Manuel Pérez “mantén no caixón”. Ao seu xuízo, “asemella que o Furelos é unha asignatura pendente para o tripartito, únicamente preocupado polo seu arranxo en tempos electorais”.