Domingo. 30.06.2024

Desde o pasado 21 de xuño está de novo a disposición de visitantes e peregrinos a Oficina de Turismo de Arzúa, que lles proporciona toda a información necesaria para gozar plenamente da riqueza cultural e natural da vila. Grazas ao interese crecente polos recursos turísticos da localidade e a popularidade do Camiño de Santiago, desde o Concello agardan unha tempada de moitas visitas.

Ubicada na Rúa Peregrino, estará aberta de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:30 horas, e os sábados de 10:30 a 13:00 horas. Segundo a concelleira de Turismo e Promoción Económica, “a nosa oficina de turismo está mellor preparada ca nunca para ofrecer un servizo de calidade”. Begoña Balado destacou ademais que este ano “introducimos novidades que mellorarán a experiencia dos visitantes, como novos servizos e materiais informativos actualizados.”

Pódese contactar coa Oficina de Turismo en [email protected] ou no teléfono 981 508 056.