PUBLICIDADE

Ferrol inicia a selección do Programa Integrado de Emprego 2025/26

PorBisbarra

Martes, 18 Novembro 2025 ,
As persoas beneficiarias recibirán 10 euros por día de asistencia ao Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2025/26.As persoas beneficiarias recibirán 10 euros por día de asistencia ao Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2025/26.

O Concello de Ferrol vén de iniciar a selección das persoas participantes no Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2025/26. Este programa está cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

As persoas interesadas en participar deberán cumprir necesariamente dous requisitos. Por unha banda, estar inscritas no Servizo Publico de Emprego e atoparse en situación de desemprego. Pola outra, ter a súa residencia no Concello de Ferrol.

As accións deste programa levaranse a cabo principalmente no Centro de Emprego do Concello de Ferrol. Durante toda a participación as persoas seleccionadas terán un titor que será a súa referencia no proceso de inserción laboral.

PUBLICIDADE

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE FERROL

O programa comprende un completo grupo de accións. Entre elas, información, orientación e asesoramento, formación transversal ou prácticas profesionais non laborais en empresas. Con respecto á formación específica, haberá dez itinerarios: Xestión loxística e de almacén, Dependente de establecementos comerciais, Técnicas de limpeza e camareira/o de pisos, Auxiliar de reposición e caixa, Comercialización e venda de produtos de canizaría, Actividades básicas nas seccións de frescos: panadaría e froitería, Comercialización e venda de produtos de peixaría, Actividades básicas de hostalaría: cociña e servizos, Actividades básicas chacinería e apoio en tenda e Traballador/a polivalente de mantemento de edificios.

Tamén están contempladas medidas complementarias, como informática, igualdade entre mulleres e homes, manipulación de alimentos ou técnicas de busca de emprego.

Para aqueles colectivos con nivel baixo de cualificación ofrecerase unha formación de apoio que axude a superar esta barreira formativa, a través das probas da ESO/ESA ou as probas de obtención das Competencias Clave. En canto á fase de prácticas profesionais non laborais en empresas, o Concello de Ferrol contará de novo coas empresas do territorio.

O obxectivo de inserción laboral é do 45%. O programa diríxese persoas con discapacidade, persoas beneficiarias do tramo de inserción da Risga e persoas en risco de exclusión social, mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero, persoas migrantes cunha autorización de residencia por arraigo socioformativo, menores de 30 anos, persoas desempregadas maiores de 52 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas inmigrantes.

O Programa integrado de emprego do Concello de Ferrol 2025/26 establece o pagamento dunha bolsa consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións do programa.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.