PUBLICIDADE

A Efa Piñeiral de Arzúa acolleu a xornada  de formación inaugural do próximo curso

PorBisbarra

Xoves, 3 Setembro 2026 , , , , ,
Inicio do curso en EFAS Galicia

As equipas directivas e docentes da Federación Efas de Galicia déronse cita esta mañá nas instalacións da Efa Piñeiral de Arzúa para celebrar a súa xornada inicial de curso. Así preto dun centenar de profesionais desprazáronse hoxe á Efa Piñeiral para asistir á sesión de formación na que se sentaron algunhas  das bases de traballo do vindeiro ano académico.

 A implementación de novas ferramentas dixitais de traballo e a abordaxe da ensinanza en valores foi o cometido das sesións de formación impartidas. “Queremos formar bos profesionais, pero tamén boas persoas e persoas capaces de desenvolver un proxecto profesional e vital con autonomía, responsabilidade e criterio propio, de aí a importancia que cobra cada vez máis seguir apostando na formación de valores e habilidades brandas”, afirmou Belén Rodríguez, secretaria xeral da Federación Efas de Galicia, na apertura da xornada.  

A formación integral e o reforzamento da relación aula empresa seguen a ser o eixo vertebrador de traballo no ámbito educativo dos centros da Federación Efas de Galicia, pero máis alá da actividade docente as Efas galegas caracterízanse por seren protagonistas tamén dunha labor  que trascende á formación en si; a transformación do territorio, o acompañamento a emprendedores, a captación de talento, a promoción da cooperación e do voluntariado.

PUBLICIDADE

EFAS de Galicia

As Efas teñen unha longa traxectoria en Galicia. Máis de 50 anos avalan o traballo desempeñado polos centros  Efa A Cancela (As Neves), Efa Fonteboa (Coristanco) e Efa Piñeiral (Arzúa), situando sempre ás persoas en primeiro lugar, apostando pola transformación do territorio mediante a formación e traballando dende a súa implementación a aprendizaxe baseada na alternancia aula empresa. Esta metodoloxía aplícase tanto nas accións formativas como en todos os proxectos e servizos desenvoltos nas Efas galegas e dos que máis de 8.500 persoas foron beneficiarias o pasado ano.

Hoxe a oferta formativa reglada dos tres centros abarca dende a ESO ata un catálogo de máis de vinte ciclos formativos, presenciais e semipresenciais, nos que preto de 1000 estudantes se formaron no pasado  curso en constante contacto coa súa realidade profesional.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.