PUBLICIDADE

Oroso completa a renovación do mobiliario urbano de Sigüeiro

Instaláronse máis de 50 novos bancos e preto de 100 papeleiras

O Concello de Oroso completou a renovación do mobiliario urbano de Sigüeiro, unha actuación que permitiu substituír practicamente a totalidade dos bancos e papeleiras existentes no casco urbano, cun investimento de algo máis de 30.000 euros.

Os traballos incluíron a instalación de máis de 50 bancos e preto de 100 papeleiras, renovando elementos que presentaban desgaste polo uso e polo paso do tempo e mellorando así a imaxe e as condicións dos espazos públicos de Sigüeiro.

A actuación foi posible ao cofinanciamento da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, da Xunta de Galicia e do propio Concello de Oroso.

PUBLICIDADE

O alcalde de Oroso, Alex Doval, destacou que “con esta actuación renovamos practicamente todo o mobiliario urbano de Sigüeiro, cunha intervención moi visible no día a día e que mellora tanto a imaxe do casco urbano como a comodidade da veciñanza”.

Doval sinalou tamén que “son pequenas actuacións en comparación con grandes obras, pero teñen unha repercusión directa no uso diario do espazo público. Queremos seguir coidando Sigüeiro e mantendo os seus equipamentos en boas condicións”.

A renovación forma parte das actuacións municipais destinadas á mellora e conservación do espazo público, coa substitución progresiva de elementos deteriorados e a modernización do equipamento urbano.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.