PUBLICIDADE

O Concello do Pino destinará os 546.000 euros do POS+ adicional para gasto corrente

O alcalde explicou que se van dedicar para pagar o consumo de luz da depuradora e mantemento dos accesos a núcleos

O Pleno da Corporación do Pino aprobou esta mañá en pleno extraordinario a proposta do equipo de goberno para destinar a gasto corrente os 546.643,92 euros que lle corresponden ao Concello na segunda fase do POS+ adicional 2/2026 da Deputación da Coruña.

O alcalde, Manuel Taboada, explicou que da partida global do POS+, 91.196,21 euros resérvanse para pagar o gasto da nova depuradora de Arca e outros 455.447,71 euros para mantemento e melloras viarias nos accesos aos núcleos de poboación das trece parroquias do municipio.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.