O Pleno da Corporación do Pino aprobou esta mañá en pleno extraordinario a proposta do equipo de goberno para destinar a gasto corrente os 546.643,92 euros que lle corresponden ao Concello na segunda fase do POS+ adicional 2/2026 da Deputación da Coruña.
O alcalde, Manuel Taboada, explicou que da partida global do POS+, 91.196,21 euros resérvanse para pagar o gasto da nova depuradora de Arca e outros 455.447,71 euros para mantemento e melloras viarias nos accesos aos núcleos de poboación das trece parroquias do municipio.



