PUBLICIDADE

“Neste cole faltan mans” as familias do CEIP Mestre Pastor Barral continúan en loita

Manifestación deste sábado polas rúas da vila. FOTO: Quiñoy

As familias do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide loitan por conseguir que se cubra a praza do docente de Francés.  A actividade lectiva comezou o pasado 9 de setembro, e dende ese día, concéntranse todos os días lectivos diante do centro educativo a primeira hora da mañá. Ningún alumno ou alumna asistiu ás clases neste novo curso polo momento.

Baixo o lema “Neste cole faltan mans” reclaman á Consellería de Educación que cubra a praza de Francés que, segundo familias e profesorado, lle corresponde ao centro por catálogo.

Este sábado, a ANPA Camiño Real deu un paso máis alá e convocou unha mobilización polas rúas do casco urbano.

PUBLICIDADE

EDUCACIÓN DI QUE O CENTRO NON NECESITA ESTE DOCENTE

Educación mantén a decisión de non cubrir a vacante ao considerar que o centro non precisa este docente por contar con dous profesores de Inglés. As necesidades do colexio serán valoradas na comisión extraordinaria que a Consellería celebrará en outubro.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.