PUBLICIDADE

The Rapants elixido Artista do Ano 2026 nos II Premios da Industria Musical de Galicia

PorBisbarra

Mércores, 4 Novembro 2026
Gañadores dos II Premios PALCO da Industria Musical de Galicia tras a gala que tivo lugar na Sala Capitol de SantiagoGañadores dos II Premios PALCO da Industria Musical de Galicia tras a gala que tivo lugar na Sala Capitol de Santiago

A Sala Capitol de Santiago acolleu onte, martes 3 de novembro, a gala de entrega dos II Premios da Industria Musical de Galicia. Uns galardóns que forman parte de PALCO, primeiro punto de encontro da industria na comunidade que organizan a Asociación Galega de Empresas de Estudios Musicais (AGEM) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Insdustrias Culturais (Agadic) e os Concertos do Xacobeo co apoio da Deputación da Coruña.

Así, AGEM otorgou a The Rapants o Premio ao Artista do Ano 2026, mentras que, na categoría de Persoa do Ano 2026, o galardón recaeu na Fundación Paideia.

Paralelamente, o público seleccionou por votación popular ao Surfing The Lérez como proxecto gañador do Premio á Excelencia na Experiencia do Público neste 2026. A votación en liña finalizou o pasado martes, 27 de outubro, a las 23.59 horas, e a iniciativa máis votada nesta categoría aberta ás achegas da audiencia foi o festival pontevedrés, que logra o mérito por segundo ano consecutivo, seguida en número de votos por outros queridos proxectos como Gulliver Fest e Osa do Mar.

PUBLICIDADE

Con este galardón, la Asociación Galega dás Empresas Musicais busca recoñecer aqueles festivais, concertos, salas e proxectos musicais que destacan pola organización, a atención ao público, a accesibilidade, os servizos, o ambiente ou o coidado de cada detalle, poñendo ás persoas espectadoras no centro e ofrecendo unha vivencia inesquecible.

En palabras de Josiño Carballo, tesoureiro de AGEM, “desde la Asociación Galega dás Empresas Musicais recoñecemos a The Rapants co galardón ao Artista do Ano nesta segunda edición dos Premios PALCO, os Premios da Industria Musical de Galicia, porque representan unha das realidades máis estimulantes de la música galega actual”.

“Coa creación de The Rapants Club, a banda de Muros construíu algo que vai moito máis alá dun disco ou dun concerto: unha comunidade en la que o público se recoñece, con la que se identifica e de la que quere formar parte. Encher o Multiúsos Fontes do Sar cun proxecto propio, desde Galicia e cunha proposta dirixida especialmente a unha xeración nova, é un fito que merece ser celebrado e recoñecido. Demostra a capacidade do talento galego para mobilizar milleiros de persoas, crear referentes propios e conquistar espazos tradicionalmente asociados a grandes artistas estatais e internacionais” (Josiño Carballo, tesoureiro de AGEM)

Ademais, Carballo destacaou que ”The Rapants son hoxe embaixadores dunha escena musical galega viva, contemporánea e con moito que dicir, alén dun exemplo de como a conexión co público pode converterse nunha de las grandes fortalezas dun proxecto artístico”.

Josiño Carballo anunciou, tamén, que “desde a Xunta Directiva de AGEM, organizadora de PALCO xunto á Xunta de Galicia, decidimos outorgar o recoñecemento á persoa do Ano 2026 á Fundación Paideia”, confirmando que este recoñecemento “responde o seu compromiso sostido coa industria musical galega e a un labor de acompañamento, formación e profesionalización cuxo valor é difícil de cuantificar. Dende unha posición sen ánimo de lucro, Paideia leva anos ofrecendo ferramentas, oportunidades e apoio a artistas e proxectos emerxentes, contribuíndo a que o talento poida desenvolverse e atopar o seu lugar no sector”.

Alén destes tres galardóns, un xurado profesional composto polas asociacións AGEM, AGATEC, TESGAL, AGPXC e CLUBTURA, xunto aos gañadoras e gañadores da pasada edición, seleccionou un total de 42 proxectos finalistas nos Premios PALCO 2026, 3 por cada unha das 14 categorías xerais e cuxos vencedores se deron a coñecer durante a gala.

Gañadores II Premios PALCO da Industria Musical de Galicia

Artista do Ano 2026: The Rapants.

Persoa do Ano 2026: Fundación Pandeia.

Premio á Excelencia na Experiencia do Público 2026: Surfing The Lérez.

Mellor deseño de iluminación: Laura Iturralde e José Faro (Gala i Ovidio).

Mellor implementación de son: Ricardo Barroso (The Rapants).

Mellor produción de servizos: Global Setup.

Mellor profesional de produción: Olalla Camaño.

Mellor manager: Álvaro Creo (Off Stage).

Mellor produción discográfica: Iago Pico, Gabi Fernández e Tanxugueiras (O Cuarto, Tanxugueiras).

Mellor posta en escena: As dúas e punto (Tertúlia, Fillas de Cassandra).

Mellor promotor / programador: Alberto Alfonso (Art Music Agency).

Mellor proxecto de comunicación: EmigraSON.

Mellor identidade visual: Zeltia Iglesias (Mondra).

Mellor evento cultural / musical: AC Fanto Fantini – Osa do Mar.

Mellor videoclip: Juan Barbazán, Sergio Goce e Manuel Seoane (Non sei como, The Rapants).

Mellor espazo musical: Sala Rebullón.  

Mellor proxecto de sustentabilidade: Sinsal.       

       

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.