A veciñanza das comarcas de Terra de Melide e do sindicalismo de Galicia amosa a súa fonda consternación tras coñecerse o pasamento de David Barrio Sesto, unha figura moi coñecida, querida e respectada na contorna polo seu incansable compromiso coa defensa dos dereitos sociais, laborais e veciñais.
Natural de Santiso e moi vinculado a suavizar comarca, David Barrio compaxinou a súa intensa actividade comarcal cunha brillante traxectoria sindical vinculada á Federación de Servizos da UGT Galicia (FeS-UGT) en Santiago de Compostela. Entre as súas maiores conquistas laborais destaca o feito de ter sido o sindicalista que logrou impulsar e acadar o primeiro convenio colectivo para o persoal da Catedral de Santiago de Compostela, un acordo pioneiro que marcou un antes e un después na regulación e mellora das condicións laborais dos traballadores da basílica compostelá.
Líder da mobilización pola Autovía por Melide
Na memoria colectiva da comarca quedará para sempre o seu papel como líder e rostro visible da Plataforma Autovía por Melide. Nun momento crítico no que o proxecto inicial do Ministerio de Fomento deixaba a vila fóra do trazado da autovía entre Santiago e Lugo (A-54), David Barrio púxose á fronte das mobilizacións cidadás para esixir unha rectificación. A súa determinación e capacidade de liderado resultaron decisivas para lograr o cambio de trazado e garantir que esta infraestrutura estratéxica pasase finalmente por Melide, un logro fundamental para o futuro da bisbarra, e que non del visto finalizada a obra. Hai que recordar que o goberno de España, non o invito a él e nadie da plataforma, as diferentes inauguración, e sempre lle sorprendía esa acción.
Destacar o seu compromiso coa prensa e atención a mesma en todas as batallas que lideraba. A este grupo de comunicación sempre o atendeu e axudou sempre, foisenos un lector crítico pero constructivo, e sempre animaba a seguir defendendo a liberdade de prensa.
Dende estas liñas sumámonos ás mostras de pesar pola perda dun home comprometido coa súa terra e cos traballadores, e trasladamos o noso máis sentido pésame á súa familia e achegados.


