PUBLICIDADE

A Mancomunidade de Concellos de Ferrol aproba un orzamento de 1,8 millóns de euros

Con respecto ao orzamento de 2024, increméntase en 288.774,96 euros, un 18,97%.Con respecto ao orzamento de 2024, increméntase en 288.774,96 euros, un 18,97%.

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe a aprobación definitiva do orzamento xeral da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. Este ascende a 1.811.052,09 euros para o exercicio 2025.

Con respecto ao orzamento de 2024, increméntase en 288.774,96 euros, é dicir, nun 18,97%. Neste sentido, aumenta a previsión de ingresos, fundamentalmente grazas ás subvencións obtidas pola Mancomunidade.

O capítulo de transferencias correntes increméntase en 35.000 euros, o que supón un 34,32% máis respecto do exercicio anterior. Así, constitúe 7,56% do orzamento total. Neste ámbito, salienta que se consigna o crédito necesario para a achega ao Concello de Ferrol para financiar os gastos da Casa de Acollida nos termos reflectidos no convenio asinado co municipio.

PUBLICIDADE

O capítulo de investimentos reais ascende a 120.581,57 euros, cifra que se destinará para a execución das obras no refuxio de Mougá, financiadas polas achegas ordinarias dos concellos que conforman este organismo supramunicipal.

O prazo para a presentación de reclamacións rematou o 3 de xaneiro e non se recibiu ningunha alegación contra a aprobación inicial dos citados orzamentos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.