PUBLICIDADE

San Sadurniño obterá 58.000 euros do POS+ Adicional para gasto social

PorBisbarra

Martes, 14 Xaneiro 2025 , ,
A solicitude e distribución do POS+ Adicional foi aprobada por unanimidade en pleno extraordinario.A solicitude e distribución do POS+ Adicional foi aprobada por unanimidade en pleno extraordinario. Foto: César Galdo.

O pleno extraordinario e urxente do Concello de Sna Sadurniño aproba por unanimidade a solicitude e distribución do POS+ Adicional 1/2025. Trátase do primeiro dos plans que a Deputación da Coruña activa este ano cos seus remanentes económicos, dirixido ao financiamento de gastos sociais extraordinarios. Así pois, a San Sadurniño correspóndenlle algo máis de 58.000 euros.

Para cumprir o prazo da Deputación para acollerse á convocatoria, publicada o pasado mes de decembro, foi preciso convocar un pleno extraordinario en lugar de agardar ao ordinario. Así, o pleno aprobou que os 58.450,43 euros consignados no POS+ Adicional 1/2025 se distribúan entre programas e servizos municipais cun compoñente eminentemente asistencial e sociocomunitario.

Máis en detalle, o Concello de San Sadurniño dedicará 24.562 euros aos custes do persoal técnico adscrito aos servizos sociais municipais. Outros 25.050,43 euros irán para compensar a parte da achega municipal para soster a atención á dependencia que se presta a través do SAF. Por último, unha partida de 8.838 euros para medidas e actuacións que os Servizos Sociais municipais consideren urxentes e imprescindibles para atender ás persoas máis vulnerables. Un exemplo destas é o programa de envellecemento activo orientado á prevención da deterioración cognitiva e a soidade das persoas maiores.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.