PUBLICIDADE

Unha semana chea de aprendizaxe do alumnado da Efa Piñeiral en Madrid

PorBisbarra

Luns, 17 Febreiro 2025 , , , , ,
Efa PiñeiralO alumnado da Efa Piñeiral de Arzúa tamén visitou o Congreso dos Deputados na súa viaxe a Madrid

O alumnado dos ciclos formativos do centro EFA Piñeiral ,Arzúa, participou a pasada semana en Madrid no programa de formación e emprendemento para os mozos do medio rural da Federación EFA Galicia. Esta experiencia persigue a mellora da súa cualificación e o fomento do contacto con realidades laborais diferentes ás da nosa comunidade. Así, unha representación dos alumnos dos ciclos superiores de márketing e publicidade e educación infantil desprazáronse ata a comunidade madrileña para capacitarse da man de destacados profesionais dos seus respectivos ámbitos laborais.

Os estudantes de márketing e publicidade coñeceron da man de Javier Ríos, do departamento de comunicación de El Corte Inglés a visión institucional da compañía, a evolución da marca, os seus retos e plans de futuro. Visitaron as axencias HAVAS Madrid e MURPH Media. Nesta última pudieron reencontranse con Mariña Rodríguez, antiga alumna da Efa Piñeiral, quen compartiu a súa experiencia en e resaltou a importancia da formación práctica que ofrece o proxecto educativo do centro.

O martes, o grupo visitou a Casa de Galicia, sede institucional da Xunta de Galicia, onde foron recibidos polo seu director Luis Ramos. Na Casa de Galicia tiveron lugar os encontros con  Sandra Cid de Autocontrol da publicidade,  Rita Rodríguez da iniciativa The Turtle Academy e  Gabriela Machado, CEOda firma de calzado vegano e sostible “Momoc”. A xornada completouse coa clase clase maxistral sobre a xestión do espazo e produto en establecementos comerciais a cargo de Amaya Valderrey, visual merchandising de Flying Tiger Copenhagen.

PUBLICIDADE

O mércores, o programa continuou coa visita ao Hotel Meliá Princesa, onde o director Óscar Regueiro ofreceu ampla visión sobre atención ao cliente e a organización de eventos empresariais. Posteriormente, na escola de publicidade CANELA, Ana do Valle conduciu un taller para axudar aos estudantes para definir o seu perfil profesional

Pola súa banda, o grupo de Educación Infantil realizou prácticas en tres colexios madrileños – Tajamar, Os Tilos e Montealto – onde participaron en actividades esenciais: desde a acollida temperá dos nenos ata o desenvolvemento de dinámicas na aula e o comedor. Ademáis, os estudantes ampliaron a súa visión do mundo infantil visitando a librería O Dragón Lector, onde descubriron as novidades literarias e tendencias para a infancia, e o Museo de Historia Natural, onde aprenderon sobre o material didáctico empregado en actividades infantís e as claves para organizar unha visita a un museo entre outras actividades.

ENCONTRO NO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Para culminar esta experiencia formativa, todos os alumnos presentaron hoxe venres no Congreso dos Deputados as conclusión do informe “Desafíos dos mozos no rural”; unha reflexión por eles traballada na que se abordaron os desafíos que a mocidade das contornas rurais identifica no relativo ó transporte, servizos, inserción laboral ou oportunidades de formación. Nest encontro, propiciado pola deputada Marta González, participaron Jaime Olano, Irene Garrido e Álvaro Pérez ademáis de Alberto Núñez Feijoo quen departeu co alumnado e profesorado.   

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.