PUBLICIDADE

Curtocircuíto 2025 elixe como Mellor Película ‘Quando a terra foge’ de Federico Lobo

Curtocircuíto clausurou a súa vixésima segunda edición coa gala de entrega de premios que baixou o pano a seis días de proxeccións, obradoiros, música, seccións especiais e multitude de actividades que regresaron aos espazos públicos da cidade

Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago, pechou a súa vixésimo segunda edición coa celebración da gala de entrega de premios aos mellores filmes nas diferentes seccións, nun acto que estivo conducida por Nuno Pico de Grande Amore, e que contou coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín, a responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; as concelleiras Míriam Louzao e María Rozas, e o director del festival Pela del Álamo, entre outros.

Así, os xurados desta nova edición de Curtocircuíto 2025 concederon o Premio Cosmos á Mellor Película ao filme Quando a terra foge de Federico Lobo, e unha mención especial a The man who could not remain silent de Nebojša Slijepcevic. O Premio Cosmos á Película máis Innovadora recaeu en Portales de Elena Luque, mentres que o Premio Supernova foi para Pupa de Antía Carreira, nunha categoría que recibiu unha mención especial o traballo de Bea Saiáns, Delirio Sketchs.

O xurado elixiu a película Furada negra de Berio Molina como gañador do Premio PLaneta GZ e o filme Portales de Elena Duque do Premio do Xurado Novo, nunha categoría na que concederon unha mención especial a El cuento de una noche de verano de María Herrera. Este mesmo filme, foi o gañador tamén do Premio do Público desta edición de Curtocitcuíto e que se deu a coñecer durante o transcurso da gala.

PUBLICIDADE

Laia Abril, Brais Revaldería, Guillermo Galoe, Oliver Laxe e Kandgding Ray foron os protagonistas das sesión especiais do 42º Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de SantiagoMartin Messier, Oliver Laxe, Kangding Ray, ou Amelie Duchow, ademais de talentos galegos como Carme López Irene Sáenz conformaron o cartel de espectáculos audiovisuais como parte da corrente do festival de pontes e xerar diálogos entre son e cinema

A praza da Quintana, Praterías, o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia, NUMAX ou espazos naturais como o Xardín das Pedras que Falan foron sede dunha programación que combinou cinema internacional, creación galega, espectáculos audiovisuais en directo e encontros co público.

O cambio de modelo do festival e a aposta por sacar a programación ao espazo público da cidade como escenario creativo e devolver o cinema ás prazas da cidade tivo unha ampla acollida do público, que encheu as sesións durante as seus xornadas do festival. Sesións como o live av de Oliver Laxe, Kangding Ray ft. Adrián Canoura deixaron a súa pegada, cun espectáculo irrepetible que converteu a cidade nun escenario sensorial único e que será lembrado como un dos momentos senlleiros desta edición de Curtocircuíto.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.