PUBLICIDADE

Feijóo dá a coñecer os nomes do novo Comité Executivo Nacional do Partido Popular

PorBisbarra

Luns, 7 Xullo 2025 , , ,
Membros do Partido Popular de Galicia apoiándo a Feijóo esta fin de semana en Madrid.

A pasada fin de semana tivo lugar o encontro do que sairon os nomes do novo Comité Executivo Nacional do Partido Popular que contará con Francisco Conde, Luis Menor, Miguel Tellado, Elena Candia, JM Romay Beccaria, os dous últimos por designación do presidente como vogais.

Diego Calvo, continuará ocupando o cargo de presidente do Comité como acontecía ata o momento. O actual presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, será membro do Estatuto  entre outros.

A Xunta Directiva contará como vogais con Julio García Comesaña e con Fabiola García e con dúas alcaldesas dos 10 alcaldes en representación de pequenos municipios como son Marta Novoa de San Cibrao das Viñas e Fina Suárez de Trazo. Os populares deste último concello galego amosaron o seu orgullo de que Suárez forme parte deste Comité Executivo. Pola súa banda, a alcaldesa de Trazo expresou o seu agradecemento pola confianza depositada polo presidente nacional asegurando que para ela “é unha honra representar aos concellos do rural, en especial ao rural galego e tamén ás mulleres do rural”.

PUBLICIDADE

A portavoz do Partido Popular en Galicia, Paula Prado indicaba que “xa coa relevancia de Alberto Núñez Feijóo e Miguel Tellado dábamonos por máis que satisfeitos, pero estas incorporacións reforzarán aínda máis a idea de Galicia como exemplo para o resto de España. Todos son magníficos profesionais e magníficas persoas, polo que estou seguro de que farán grandes achegas para que o Partido Popular volva gobernar en España. E é relevante a importancia que suman os municipios do rural, con representación propia e dúas alcaldesas galegas, San Cibrao e Trazo, como referentes”.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.