O proxecto que presentou Manuel Casal para construir un complexo residencial para maiores en Melide, inclumple a normativa en materia de capacidade, xa que, fontes da Xunta apuntan que “duplica a capacidade máxima autorizada polo Consellaría de Política Social”. É por esta razón que o proxecto non é viable en Galicia.
Hai uns días que Manuel Casal solicitou, a través dos medios de comunicación, unha resposta por parte da Xunta de Galicia para resolver a súa solicitude.



