Fabiola García Martínez (nacida en Ribeira en 1985) é unha política e xurista galega do Partido Popular de Galicia (PPdeGalicia), exconselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e candidata (número dous) do PP ao Congreso pola provincia da Coruña. Contou ao equipo de Bisbarra os obxetivos que como política ten cando chegue ao Congreso dos Deputados. Buscar o benestar para as persoas, como o fixo cando capitaneou a Consellaría de Política Social en Galicia, será unha das súas prioridades.
Despois de oito anos á fronte da Consellería de Política Social desde 2018, dá o salto ao Congreso como número dous pola Coruña. Que experiencia de xestión autonómica cre que fai máis falta hoxe en Madrid para defender os intereses dos galegos?
Dou este paso con moita ilusión, pero tamén cunha enorme responsabilidade. Despois de oito anos na Xunta tiven a oportunidade de coñecer de primeira man as preocupacións de miles de familias, dos maiores, das persoas con discapacidade, de quen necesita apoios e, por suposto, de quen traballa cada día para prestar eses servizos. Creo que en Madrid fai falta precisamente iso: máis coñecemento da realidade das familias, máis capacidade de xestión e menos trampas ocultas baixo falsos titulares. Sei o que custa poñer en marcha unha residencia, o que custa ampliar a atención á dependencia ou o que custa mellorar a conciliación das familias. Quero levar esa experiencia ao Congreso dos Deputados para defender a Galicia e contribuír a que as decisións que se toman en Madrid tradúzanse en melloras reais para a vida dos cidadáns.
Desde o centro-dereita deféndese que a mellor política social é a creación de emprego e unha fiscalidade competitiva. Como se compatibiliza no ámbito estatal o mantemento do estado do benestar coas rebaixas de impostos que piden as familias e as empresas?
Non existe ningunha contradición; ao contrario: unha economía que crece, que xera emprego e que ofrece oportunidades é la única garantía para fortalecer o noso estado do benestar. Os servizos públicos necesitan financiamento, e ese financiamento procede fundamentalmente dunha economía dinámica, de empresas que invisten e crean postos de traballo e de cidadáns que poden desenvolver os seus proxectos de vida. Pero tamén hai que entender que as familias necesitan chegar a final de mes. A cesta da compra subiu un 40%, encher o depósito pasa de 100 euros… Non podemos pedirlles máis esforzos fiscais mentres perden capacidade adquisitiva. Baixar impostos non significa renunciar aos servizos públicos, senón xestionar mellor os recursos e evitar gastos innecesarios. En que demos se gastaron os fondos europeos para os trens? A prioridade debe ser que traballar volva merecer la pena, que emprender sexa máis doado e que as persoas que necesitan protección atopen un Goberno que lles axude a superar a fochanca. O benestar constrúese creando riqueza e distribuíndoa con responsabilidade. E doutra banda: eliminar o gasto superfluo. Sánchez ten veintipico ministerios, 900 asesores e unha longa lista de enchufados. Con Feijóo os servizos volverán funcionar.
A súa incorporación ás listas por A Coruña xunto a Miguel Tellado forma parte da aposta de Alberto Núñez Feijóo para renovar o grupo parlamentario. Que papel deben xogar os perfís novos e con experiencia de goberno na construción dunha alternativa reformista para España?
A renovación achega novas ideas, enerxía e capacidade para afrontar os novos desafíos. E a experiencia de xestión é fundamental, e máis nestes tempos, porque gobernar esixe coñecer os problemas, tomar decisións e asumir responsabilidades. E non hai un minuto que perder. Se os españois nos outorgan a confianza sacaremos dous orzamentos o primeiro ano.
O proxecto de Alberto Núñez Feijóo combina precisamente eses dous elementos: renovación e experiencia. Persoas que chegan con novas perspectivas e persoas que tivemos a oportunidade de xestionar servizos públicos e coñecemos as dificultades que entraña converter as propostas en realidades. España necesita un Goberno serio, preparado e coas prioridades claras. Non se trata simplemente de substituír a un Goberno por outro, senón de limpar as institucións, recuperar a cultura da xestión, os acordos e a atención aos problemas que de verdade preocupan aos cidadáns.
Que medidas que levou a cabo na súa consellería de Política Social e Igualdade poderían ser implementadas no goberno de España para beneficio dos españois?
O modelo da Xunta é unha referencia en moitos ámbitos. Hai moitas experiencias que levan sendo un faro para outras CCAA, e agora queremos que Galicia sirva de referencia ao conxunto de España. Traballamos para ampliar e reforzar os recursos de atención ás persoas maiores, reforzar a dependencia, apoiar as familias e avanzar na conciliación.
Por exemplo, e por nomear só dous: a gratuidade universal das escolas infantís, Galicia ten la mellor cociente de Europa, ou o impulso de novas prazas residenciais, co noso proxecto de 25 residencias distribuídas por todo o territorio galego, que responde a unha necesidade moi concreta: que as persoas maiores poidan recibir atención de calidade preto da súa contorna e das súas familias. Tamén creo que España necesita dar un salto adiante na atención á dependencia. Por iso defendemos un Pacto de Estado pola Dependencia, con financiamento estable, máis atención profesional e apoio ás familias coidadoras.
En Galicia temos la exitosa experiencia do Bono Coidado non Fogar, no que camiñamos con firmeza cara aos 50.000 atendidos. E hai algo que considero fundamental: las políticas sociais deben anticiparse aos problemas. Non basta con atender as necesidades cando xa se produciron; hai que previr, acompañar e ofrecer oportunidades. A prevención, anticiparse, é fundamental.
Durante esta campaña electoral, falan reclaman os populares “mans libres” para “reconstruír”, o que destruiu o sanchismo durante os últimos oito anos, por onde comezaría vostede?
Comezaría por recuperar algo que debería ser básico en calquera Goberno: a capacidade de gobernar pensando no interese xeral e non na supervivencia política de cada semana. España necesita recuperar a estabilidade institucional, a calidade dos servizos públicos e a confianza dos cidadáns nas súas institucións. Necesita orzamentos que permitan planificar, reformas que se poidan aplicar e unha Administración que estea ao servizo das persoas.
No ámbito social, empezaría por reforzar a dependencia, apoiar as familias, mellorar as oportunidades dos mozos e garantir que os nosos maiores reciban a atención que merecen. E a rexeneración das institucións e recuperar a convivencia. Non se reconstrúe España con máis enfrontamento nin con máis división. Reconstrúese con xestión, diálogo, estabilidade e un proxecto de país. E creo que Alberto Núñez Feijóo representa esa alternativa. Imos derrubar o muro e con esas pedras levantaremos pontes.
Nas últimas semanas nos medios de comunicación reivindicou o papel das mulleres nas vindeiras eleccións, porque é importante tamén a mobilizar o voto feminino?
Porque as mulleres somos a metade da sociedade e temos moito que achegar ás decisións que determinan o futuro do noso país.
As mulleres estamos preocupadas pola conciliación, outras polo emprego, polas pensións, pola vivenda, pola seguridade ou polas oportunidades dos seus fillos. E todas esas preocupacións merecen respostas.
Na miña experiencia en Política Social comprobei que detrás de moitas das dificultades das familias hai mulleres que asumen unha parte moi importante dos coidados. Necesitamos avanzar cara a unha conciliación real, mellores oportunidades laborais e unha corresponsabilidade efectiva. A igualdade non pode quedarse en pancartas, declaracións ou en debates ideolóxicos. Ten que notarse na vida cotiá, na liberdade para elixir un proxecto de vida e nas oportunidades de cada muller, e para iso é fundamental a independencia económica.
Como pode favorecer a Galicia que o 29N Feijóo sexa elixido presidente do goberno de España?
Alberto Núñez Feijóo coñece Galicia como ninguén. Coñece as nosas fortalezas, tamén as nosas necesidades e dificultades Sabe o que significa gobernar desde unha comunidade autónoma e é perfectamente consciente da importancia da colaboración entre distintas administracións.
Galicia necesita un Goberno de España que nos teña presente nas súas grandes decisións: nas infraestruturas, no financiamento autonómico, en la política industrial, no sector primario, na conexión ferroviaria, na atención á dependencia e nos desafíos demográficos.
Pero, sobre todo, necesitamos un presidente do que poidamos fiarnos da súa palabra. Feijóo coñece Galicia, quérea e sabe o que necesita. E estou convencida de que ter a un galego na Presidencia sera unha magnífica noticia para a nosa terra e para o conxunto de España.









