PUBLICIDADE

Melloras das infraestruturas rurais con 144.000 euros do Plan Camiña

PorBisbarra

Luns, 23 Novembro 2026 , , ,
A delegada da Xunta comprobou hoxe o resultado da actuación levada a cabo de mellora do firme do do camiño de Lestrobe a Vilasuso de Arriba e na mellora dos accesos á Pedregueira

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto á alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e a directora territorial da Consellería de Medio Rural, Nieves Mancebo, salientou nunha visita ao concello a axuda de máis 77.000 euros na orde do  Plan Camiña Rural para o período 26-27. Ademais, a delegada informou que na convocatoria anterior 25-26 contaron con outros 67.000 euros para a mellora de infraestruturas rurais nesta localidade. En total, a Xunta achegou máis de 144.000 euros para mellorar as Infraestruturas viarias neste municipio.

Belén do Campo supervisou as actuacións da convocatoria 26-27 que xa están rematadas. A primeira delas contemplou a mellora do camiño de Lestrobe a Vilasuso de Arriba, cunha axuda de preto de 32.000 euros. A intervención actuou sobre 480 metros de lonxitude, renovando o firme existente, que pasou de dobre rega a tripla rega asfáltica. A segunda actuación centrouse na mellora dos accesos á Pedregueira, cunha achega de máis de 46.100 euros. Neste caso, renováronse  785 metros de pavimento, substituíndo o aglomerado actual por un novo aglomerado en quente de 5 centrímetros. En total actuouse sobre máis de 1,2 quilómetros.

PLAN CAMIÑA 25-26

PUBLICIDADE

As actuacións, executadas ao abeiro da convocatoria 25-26, tamén permitiron acondicionar un total de máis de 2.8 quilómetros de vías rurais, correspondentes aos camiños que comunican o campo de fútbol con Campo, nun primeiro tramo de 1.885 metros, e co núcleo de Xavestre, nun segundo treito de 1.000 metros. Ambas actuacións contaron cunha achega da Xunta de máis de 67.000 euros sen IVE.

Os traballos consistiron na mellora do firme dos dous camiños, que pasaron de contar cunha superficie de zahorra e terra a dispoñer dun pavimento de tripla rega asfáltica, o que permite mellorar as condicións de circulación e facilitar os desprazamentos da veciñanza, así como os accesos ás explotacións e propiedades da contorna.

Durante a visita, Belén do Campo puxo en valor o compromiso da Xunta coa mellora das infraestruturas viarias no rural, destacando a importancia de contar con camiños en boas condicións para favorecer a mobilidade, a actividade agraria e a calidade de vida da poboación dos concellos galegos.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.