A XVIII Feira Medieval da nobre Vila de Padrón transformou durante tres días, dende 4 ata o 6 de xullo, o corazón do histórico da vila nun gran mercado medieval ao aire libre. Unha cita organizada polo Concello que converteu as rúas da localidade en espazos cheos de vida, oficios antigos, espectáculos de rúa, música ao vivo, teatro, animación e unha infinidade de propostas para todos os públicos.
Unha nova edición na que ademais se formalizou o irmandamento entre Padrón e o municipio andaluz de Arjonilla. Dous concellos unidos a través da figura de Macías o Namorado que fai de nexo histórico e cultural entre ambas localidades.
A XVIII Feira Medieval da nobre Vila de Padrón pechou esta nova edición o domingo 6 de xullo coas personaxes do Bosque Viviente, a música de Turdión, un espectáculo de maxia infantil e, como colofón a esta nova edición un pasarrúas musical.
























