PUBLICIDADE

5,7 millóns de euros para mellorar o saneamento e depuración do rural de ferrol

PorBisbarra

Luns, 24 Agosto 2026 , , ,
A intervención no saneamento e depuración está financiada pola Xunta no 70%, achegando o Concello de Ferrol o 30% restante.A intervención no saneamento e depuración está financiada pola Xunta no 70%, achegando o Concello de Ferrol o 30% restante.

A Xunta de Galicia iniciou a primeira fase das obras de mellora da rede de saneamento e depuración na zona rural de Ferrol. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; e o alcalde ferrolán, Jose Manuel Rey Varela, visitaron a zona da intervención.

Estas obras mellorarán o servizo directo de máis de 1.350 persoas no ámbito de Doniños-Valón e A Cabana. Asemade, permitirá avanzar na futura incorporación doutras zonas do rural, como San Xurxo, Esmelle, Covas e A Graña-Brión.

A actuación suporá un investimento de máis de 5,7 millóns de euros. Destes, a Xunta aporta o 70%, mentres que o Goberno local achega o 30% restante.

PUBLICIDADE

Mellora do saneamento e depuración en fases

Trátase da primeira parte dun proxecto máis amplo, deseñado en varias fases. O obxectivo é conectar o rural de Ferrol coa rede de saneamento municipal, beneficiando a máis de 4.420 habitantes.

Na actualidade, practicamente o 100% da poboación urbana de Ferrol está conectada aos sistemas de saneamento e depuración existentes. Así pois, a conselleira explicou que se pretende que o conxunto da poboación ferrolá conte cuns servizos eficaces e sostibles no menor tempo posible. Así mesmo, contribuirase a mellorar a situación medioambiental da contorna.

Máis polo miúdo, Ángeles Vázquez explicou que os traballos iniciados contan con cofinanciamento europeo a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027. Inclúen a execución de 13,5 quilómetros de novos colectores para completar a rede de saneamento de Doniños-Valón/A Cabana, xunto cos pozos de rexistro asociados.

A maiores están proxectados sete bombeos e impulsións con máis de catro quilómetros de tubaxes de distintos diámetros. O fin é superar os desniveis topográficos existentes na área na que se van realizar as actuacións. O proxecto tamén inclúe a reposición de todos os firmes e pavimentos que se vexan afectados durante a execución das obras.

Deste xeito, a Xunta avanza na optimización dos sistemas de saneamento e depuración de auga no concello de Ferrol. Alí Augas de Galicia leva investidos máis de 30 millóns de euros en distintas infraestruturas postas en marcha desde 2009. Estas accións contribuíron a mellorar a situación medioambiental na contorna, a calidade das augas da ría ferrolá e a calidade de vida do conxunto da cidadanía.

 mellora do saneamento e depuración afectarán directamente a máis de 1.350 persoas.
mellora do saneamento e depuración afectarán directamente a máis de 1.350 persoas.

Colaboración cos concellos

Esta actuación enmárcase na colaboración técnica e económica que mantén desde hai anos Augas de Galicia cos concellos. As administracións locais son as competentes en materia de abastecemento, saneamento e depuración. Non obstante, a autonómica colabora para contribuír a profesionalizar a xestión da auga, garantir o bo estado ecolóxico dos ríos e rías e mellorar a calidade duns servizos básicos para a veciñanza.

O obxectivo principal é facer un uso eficiente da auga e reducir a pegada hídrica na comunidade. Isto lógrase con investimentos nas redes de saneamento, depuración e traída. Asemade, a Xunta apoia aos concellos a través de distintas liñas de axudas, o deseño de mapas de riscos climáticos ou a creación de corredores verdes e de zonas de inundación controlada para facer fronte aos asolagamentos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.