O centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral, Arzúa, conta coa autorización para impartir o vindeiro curso 2026-2027 os ciclos superiores en modalidade semipresencial de Educación Infantil e Hixiene Bucodental.
A crecente demanda de matrícula e as necesidades de flexibilización do alumnado son as principais razóns polas que o centro formativo está a reforzar a súa oferta educativa en modalidade semipresencial, iniciada xa no curso 2025-2026 co ciclo medio de auxiliar de enfermaría.
A oferta formativa da Efa Piñeiral complétase cos ciclos presenciais en réxime de concierto educativo xa existentes; Actividades Comerciais, Panadaría, Repostaría e Confeitaría, Auxiliar de Enfermaría, Márketing e Publicidade, Educación infantil e Hixiene Bucodental.
Este vindeiro venres día 12 o centro arzuá celebrará no Multiusos Terra do Queixo o acto de clausura do curso académico e a graduación dos preto de cen alumnos que rematan os seus estudos no centro.
ADMISIÓN VINDEIRO CURSO
A solicitude de praza nos ciclos presenciais deberá realizarse, nesta primeira adxudicación, dende o 15 ó 30 de xuño mediante o aplicativo da Xunta de Galicia Ciclos Admisión. No caso da oferta semipresencial compre contactar co propio centro educativo para informarse do plan e programa formativo.




