PUBLICIDADE

A Xunta licita por máis de 925.000 euros as obras de acondicionamento da contorna do Camiño Inglés no paseo do Carboeiro en Oroso

Paseo do Carboeiro en Oroso. Foto: Galicia Máxica

A Xunta licita por 927.105,86 euros as obras para o acondicionamento da contorna do Camiño Inglés no Paseo do Carboeiro, no Concello de Oroso.

A Xunta achegará o 80% do orzamento do custo das actuacións e o Concello asumirá o 20% restante. De xeito máis concreto, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará o 40% da execución destas obras, que tamén executará; e a Axencia de Turismo de Galicia aportará outro 40% do custe.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 8 de xullo.

PUBLICIDADE

O obxectivo é mellorar esta zona de paso do Camiño Inglés, en Sigüeiro. Para isto, acometeranse a mellora do firme dos sendeiros, arranxaranse as pistas deportivas ou o parque infantil e renovaranse a iluminación e o mobiliario urbano, entre outras accións.

Trátase de acadar unha mellora paisaxística e da seguridade viaria, tanto para os peregrinos como para os veciños da zona, facendo así esta contorna un lugar máis accesible, seguro e amable para camiñar, practicar deporte, descansar ou compartir tempo de lecer en familia ou entre amigos.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.