PUBLICIDADE

Aberta a licitación para construír a primeira caseta móbil de socorrismo na praia de Doniños

PorBisbarra

Xoves, 9 Xullo 2026 , , ,
Recreación da caseta modular en Doniños

A Plataforma de Contratación del Sector Público recolle a licitación das obras comprendidas no proxecto básico e de execución das novas instalacións portátiles para a praia de Doniños, unha actuación que conta cun investimento de 141.738,50 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o próximo 28 de xullo para presentar a súa proposta.

Esta iniciativa busca mellorar a imaxe das praias da cidade mediante a substitución das actuais instalacións por módulos desmontables, cun deseño uniforme e adaptado ás necesidades de cada areal. O novo equipamento incluirá espazos para socorrismo, aseos (un adaptado), vestiarios con duchas (unha adaptada) e acceso mediante rampla accesible. A infraestrutura, dunha única planta, empregará materiais lixeiros e solucións que favorecen a iluminación e ventilación natural para reducir o uso de sistemas artificiais.

O Goberno local prevé que este modelo de unidades portátiles poida implantarse progresivamente noutras praias do municipio, como Caranza, A Graña, San Felipe, Cariño, Doniños-Penencia, San Xurxo, Esmelle, Fragata- Vilar, Santa Comba e Ponzos-Sartaña, adaptando a súa distribución ás necesidades de cada momento.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.