PUBLICIDADE

Binarial representará ao concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”

PorBisbarra

Luns, 6 Xullo 2026 , , ,
A empresa Binarial está situada na rúa Agro da Vella, número 7, no Milladoiro.

O Concello de Ames participará un ano máis no encontro “Innpulso Emprende 2026”, organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Ames forma parte desta rede dende o ano 2018. O evento celebrarase os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. O proxecto que representará ao noso municipio nesta edición será presentado por persoal da empresa tecnolóxica situada no Milladoiro, Binarial. Esta entidade traballa no desenvolvemento de robótica aplicada á industria.

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e a técnica municipal de innovación, Patricia Yáñez, visitaron este luns, 6 de xullo, a empresa Binarial, que será a entidade que vai a participar xunto ao Concello de Ames no encontro “Innpulso Emprende 2026”, que se vai a celebrar os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. Dito evento está organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU).

A empresa Binarial está situada na rúa Agro da Vella, número 7, no Milladoiro. Alí foron recibidos por Rodrigo Randulfe, CEO e cofundador de Binarial; Alejandro Valiñas, director de tecnoloxía e cofundador; e José Manuel González, director de negocio. Segundo explicou José Manuel González “dedicámonos a Physical AI (robótica intelixente) e facemos operadores bimanuais, integramos o hardware e desenvolvemos toda a parte de software. Este ano imos a participar no evento da Red Innpulso, no mes de setembro en Terrassa, algo que faremos con moita ilusión”. Tamén agradeceu a visita institucional do alcalde e da concelleira de Promoción Económica.

PUBLICIDADE

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “Binarial é unha desas empresas que podemos definir como unha auténtica marca Ames: unha empresa nova, con talento e xa referente no eido da innovación. Estamos encantados de que forme parte deste polo de innovación que está a medrar no Milladoiro e de que vaia representar a Ames no Encontro 2026 da Rede Innpulso. Estamos convencidos de que esta será a primeira de moitas colaboracións e de que, nun futuro próximo, poderemos desenvolver proxectos conxuntos que sigan impulsando a innovación e o talento no noso concello”.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “Ames conta cun enorme potencial de empresas tecnolóxicas. O traballo que realiza Binarial é un exemplo máis. Para nós é unha satisfacción que esta empresa poida representar ao noso municipio no Innpulso Emprende 2026. Este evento supón un escaparate inmellorable para mostrar o talento innovador local a outros municipios e representantes de grandes empresa”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.