PUBLICIDADE

Brión pide a súa veciñanza que respecte as medidas extraordinarias de aforro de auga para asegurar o abastecemento

PorBisbarra

Xoves, 13 Agosto 2026 , , , ,
O Concello de Brión esta en contacto coa empresa Espina e Delfín, actual concesionaria do munidicipio, para seguir día a día o control desta situación.

O Concello de Brión pide a veciñanza deste Concello responsabilidade e colaboración cidadá para garantir a dispoñibilidade da auga e o seu normal abastecemento. Esto é debido ao incremento significativo no consumo de auga nos últimos días, especialmente asociado a usos como o rego de xardíns e zonas verdes, o enchido de piscinas, outros consumos non esenciais, ademáis do actual estado de seca que xa foi alertado por Augas de Galicia.

Ante as previsións de altas temperaturas destes días, o Concello de Brión lembra que a auga é un ben común e limitado, que require dun uso racional e responsable por parte da veciñanza, especialmente neste período de maior demanda.

Por todo isto, dende o Concello de Brión instase aos veciños e veciñas a adoptar as seguintes medidas de prevención que manteranse vixentes ata novo aviso

PUBLICIDADE

Evitar:

– O rego de xardíns, hortas, céspedes e demais zonas verdes.
– O enchido de piscinas.
– O lavado de vehículos.
– A limpeza de beirarrúas, patios, fachadas e outros espazos exteriores con auga da rede.
– Calquera outro uso non esencial da auga potable que poida supoñer un consumo
elevado.

En todo o momento, o Concello de Brión esta en contacto coa empresa Espina e Delfín, actual concesionaria do munidicipio, para seguir día a día o control desta situación.

O obxectivo destas medidas é preservar un recurso esencial e garantir o abastecemento de auga a toda a veciñanza, así como reducir significativamente o consumo. De maneira que se non se respecte o cumprimento destas medidas, o Concello poderá verse na obriga de adoptar medidas máis restritivas para garantir o abastecemento.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.