PUBLICIDADE

Dalia García renuncia a súa acta de concelleira popular no pleno melidense

PorBisbarra

Mércores, 5 Agosto 2026 , , ,
Dalia García, presentou a súa renuncia como concelleira popular no pleno

Dalia García, a que foi alcaldesa de Melide entre o 2015 e 2019 polo Partido Popular e a ata onte portavoz do grupo municipal da vila, renunciou a súa acta de concelleira e deixa así a primeira liña da política.

García encabezou as listas do PP nos comicios de 2019 e 2023, sendo sempre a candidata máis votada, aínda que non suficiente para obter a maioría absoluta que lle permitía volver a coller o bastón de mando. Dende moi nova, en 2010 foi nomeada presidenta de Novas Xeración de Melide e o seu primeiro cargo como concelleira foi no 2011, cando tiña 25 anos. Tamén foi deputada provincial.

Tras coñecerse a noticia foron moitos os que quixeron agradecer o seu bo facer, o presidente provincial do PP, Diego Calvo salientaba a súa capacidade de liderazgo fronte o partido.

PUBLICIDADE

Foron moitos os logros conseguidos por Dalia García en Melide, pero o máis destacable foi a consecución dun novo centro de saúde. Foi García quen, realizou os farragosos trámites necesarios para que o edificio fose unha realidade nunha parcela que de primeiras non podía ter uso sanitario. Grazas ao traballo incansable de García o proxecto saíu adiante. Tamén destaca a súa faceta de xestora económica, deixando ao final do seu mandato a débeda do Concello de Melide a cero.

Despois de 17 anos adicados á veciñanza melidense, Dalia García dá un paso atrás, porque ninguén é profeta na súa terra, unha terra, Melide, que a viu nacer e para a que, como ela dixo na súa despedida “sempre estarei ao seu servizo dende o ámbito profesional, persoal ou desde calquer lugar no que poida contribuir ao seu desenvolvemento e ao benestar da súa xente”.

O que fora presidente de Uruguay, José Mujica, dicía que “a política é a loita pola felicidade colectiva”, máxima que Dalia García, cumpríu ao longo da súa traxectoria como alcaldesa, deputada, presidenta das Novas Xeracións , concelleira, portavoz e veciña de Melide.

CARLOS MOSTEIRO, BAIXA TAMÉN COMO CONCELLEIRO POPULAR

No pleno de onte, tamén o popular Carlos Mosteiro renunciou á acta como concelleiro por problemas persoais, confesou que “levaba tempo pensando nesta renuncia polos meus problemas de saúde”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.