Eva Martínez, candidata ás Primarias do PSdeG de Ferrol
O PSdeG ferrolán afronta unhas Primarias este domingo 19 de xullo. Será a única cidade de toda Galicia na que a militancia deberá elixir entre dúas candidaturas: a de Ángel Mato, ex alcalde (2019-2023), actual voceiro do grupo municipal e secretario de agrupación local, e Eva Martínez, ex concelleira durante o mandato de Mato e actual directora do gabinete da Secretaría de Estado de Migracións.
– ¿Por que deu o paso de presentar a súa candidatura ás Primarias do PSdeG-PSOE para a Alcaldía de Ferrol?
– Porque para min Ferrol é todo. É a cidade na que nacín e vivín toda a miña vida, a cidade da miña familia, na que quero que o meu fillo e a miña filla poidan desenvolver o seu proxecto de vida; e creo que ten un potencial brutal que precisa doutro xeito de gobernar, alonxado do que foron estes máis de tres anos de goberno “absolutista” do Partido Popular, e baseado no diálogo, na escoita e na cohesión municipal e da veciñanza. Esta nova forma xa se xestou en 2017, cando un grupo de persoas con estes obxectivos creamos o Foro Ferrol Vivo e, despois de anos nos que combinei a xestión de goberno coa da opisición e mesmo coa oportunida de dirixir un gabinete de relevancia política e social do da Secretaría de Estado de Migracións, chega o momento de dar ese paso e liderar a ese equipo, con caras novas e outras xa coñecidas, que ten a ilusión e ganas de construir ese Ferrol moderno, sostible e integrador que levamos tanto tempo defendendo.
– Por que razóns pensa que a militancia ten que votar a súa candidatura o vindeiro domingo?
– En primeiro lugar, porque quero que o Partido Socialista goberne de novo en 2027, que recuperemos a Alcaldía que se perdeu en 2023.
En segundo, porque teño experiencia, levo toda a miña vida traballando en comunicación e en xestión. Penso que coñezo moi ben a miña cidade, tanto pola miña experiencia vital, como xornalista e como concelleira no Concello en áreas de relevancia de Benestar Social, entre outras.
En terceiro, porque moitas persoas levan tempo pedíndome que dea o paso, que levaba mesmo anos barallando. Coincidimos en que Ferrol necesita un cambio para evitar que a dereita teña de novo a maioría asboluta. Pero tamén precisamos un cambio de actitude, e de xeito de exercer o liderado.
O noso proxecto baséase en catro eixos: o coidado do cotiá, a cohesión dos barrios e das parroquias, a diversificación industrial e o orgullo de cidade”
E, ademais, tamén creo que chegou o momento de que unha muller sexa alcaldesa de Ferrol. A política hoxe é distinta; ten, temos, que facela distinta. Hoxe a política debe ter un proxecto definido para a nosa cidade e eu o teño. Teño claro que el proyecto debe contar cun apoio ou consenso en temas cruciais e para iso hai que dialogar moito. Teño claro que todas as administracións deben implicarse en cada cuestión e asumir as súas responsabilidade coa cidade goberne quen goberne. Teño claro os tiempos nos que debemos facer las cosas, e que debemos acelerarlos porque a xente precisa duns servizos axeitados. E teño claro que escoitar á cidadanía debe ser prioritario; escoitala e darlle respostas claras e concretas.
– E que liñas son esas que considera fundamentais?
– Para min, as ideas fundamentais nas que se basea o proxecto é a esoita activa, a participación (moi vencellada a esa primeira cuestión) e o equipo. Penso que non se pode acadar nada en ningún proxecto se a persoa que lidera non conta cun bo equipo, confía nel e delega, pero además no caso da política, a participación cidadá e a escoita deben xogar tamé un papel fundamental. Estas son as premisas fundamentais da miña candidatura, que parte dun proxecto global, co que loxicamente levo moito tempo na cabeza e do que puiden materializar unha pequena parte nas áreas de goberno que tiven a ocasión de dirixir. En canto ao proxecto, que estamos en construcón e ao que agardo a participación máxima militancia e cidadanía que comparta os mesmos, baseáse en catro eixos:
1. O coidado do cotiá, do que afecta so día a día da cidadanía, Fronte a grandes titulares a miúdo baleiros de contido, atención máxima aos servizos públicas e ao mantemento do municipio.
2. Cohesión dos barrios e parroquias. Queremos un municipio sostible, cun urbanismo que promova a humanización e a vida nas rúas, pero sen esquecer aspectos como o transporte público ou a vivenda. Apostamos por unha sociedade integradora, na que a interxeneracionalidade e a interculturalidade sexan as puntas de lanza da convivencia, e toda cunha perspectiva de xénero.
3. Diversificación industrial. Ningún dubida da importancia histórica do naval na nosa economía, pero debemos aproveitar esta onda de progreso na que España, e tamén Ferrol, se atopa para dar por fin ese salto a diversificación industrial, no que apostemos por sectores diferenciais como o tecnolóxico -tamén para atraer capital mozo-, academos ese solo industrial que precisamos e, xunto co porto exterior , sexamos quen de recuperar ese liderado industrial que nunca debemos perder. Todo sen esquecer sectores como o comercio de proximidade, a hostalería e o turismo sostible.
4. Orgullo de cidade. Só unha cidade que se quere e cre en si mesma pode avanzar. Afondar nese sentimento de identidade, a través da posta en valor do noso patrimonio histórico e natural, será outro obxectivo fundamental.
É a cidade na que nacín e vivín toda a miña vida, a cidade da miña familia, na que quero que o meu fillo e a miña filla poidan desenvolver o seu proxecto de vida; e creo que ten un potencial brutal que precisa doutro xeito de gobernar, alonxado do que foron estes máis de tres anos de goberno “absolutista” do Partido Popular”
– A súa campaña é “Ferrol punto de partida”… de que?
– Con este xogamos con ese referente cultural en que nos temos convertido como cidade co Camiño Inglés que comeza en Ferrol e co que creo que a xente que me coñece me relaciona xa dende o Foro Ferrol Vivo, para aunar a toda a xente que se quera sumar para iniciar ese camiño para acadar esa cidade da que falaba e á que aspiramos. Dende a metáfora, esta frade ten unha carga de profundidade moi relevante e clarificadora do que defendemos.




