O Concello de Ferrol saca a licitación o servizo de dirección de obra, dirección de execución da obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de Rehabilitación de Envolvente. Neda 1-4. Barrio de Recimil.
As empresas interesadas en presentar oferta poderán facelo ata o próximo 23 xullo. O servizo a contratar consistirá na realización da dirección de obra (Lote 1), da dirección de execución da obra (Lote 2) e da coordinación de seguridade e saúde das obras (Lote 3). O importe de licitación é 60.560,28 euros.
OBRA DA ENVOLVENTE
A mesa de contratación está xa a valorar as tres ofertas presentadas para realizar a rehabilitación da envolvente na rúa Neda 1-4. Entre as actuacións previstas nestas vivendas de titularidade municipal está a instalación de novas carpinterías exteriores. Para as fiestras empregarase aluminio de cor branco con dobre vidro e cristal de seguridade nas plantas baixas. Ademais, terán apertura oscilobatente con microaireadores. As persianas instalaranse cara o interior do inmoble, non permitíndose a incorporación da persiana á carpintería de xeito que se creen zonas opacas na parte alta da venta, entre outras melloras.
O Concello de Ferrol conta cunha subvención máxima de 999.000 euros, dos que 963.000 son en concepto de axuda base e 36.000 para a retirada de amianto. O custe da intervención está fixado en 1.116.102,57 euros. Destes, 899.363,96 euros son da axuda prevista e 216.738,61 euros é a inversión municipal.
Esta actuación enmárcase dentro dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation na comunidade autónoma de Galicia.




