PUBLICIDADE

Melloras na Casa Común de Solláns para reforzar a súa conservación, accesibilidade e fundacionalidade

A representante do Goberno autonómico destacou o compromiso da Xunta coa mellora das Infraestruturas públicas para ofrecer espazos máis seguros, confortables e eficientes

A delegada territorial da Xunta de Galicia da Coruña, Belén do Campo, acompañada pola alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, visitou o Concello para coñecer as obras de reforma interior e renovación da cuberta da Casa Común de Solláns en Calo, un equipamento municipal de carácter social que desenvolve un espazo esencial como punto de encontro, relación e desenvolvemento de actividades veciñais, culturais e comunitarias.

Esta actuación conta cun apoio da Xunta de case 30.000 euros a través da orde  infraestruturas de uso público deste ano 2026 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que está  destinada a localidades de menos de 30.000 habitantes. 

Durante a visita a delegada explicou que as obras que se están executando permiten renovar tanto a cuberta e a fachada  e acondicionar un novo espazo destinado a aseos, mellorando así a conservación, a accesibilidade e a funcionalidade das instalacións.

PUBLICIDADE

No exterior do inmoble, os traballos xa executados centráronse na renovación integral da cuberta, coa retirada da antiga tella e a colocación dunha nova cubrición de tella cerámica, así como na impermeabilización das chemineas para reforzar a protección fronte ás filtracións. Ademais, substituénse os actuais canlóns e baixantes por novos elementos de aluminio lacado.

Ademais, as obras continuarán coa renovación da pintura da fachada exterior, mellorando tanto a imaxe como a conservación do edificio. No interior, a actuación tamén contempla habilitar un novo espazo de aseos mediante unha reforma integral do local existente. Os traballos inclúen a retirada dos revestimentos e elementos actuais, a mellora do illamento térmico, a colocación de novos revestimentos e pavimentos, así como a renovación das carpintarías exteriores para incrementar a eficiencia enerxética, ademais de colocar novas instalacións de fontanería e saneamento, lavabos, accesorios e o resto do equipamento necesario para ofrecer un servizo moderno, funcional e plenamente operativo

As obras contemplan tamén a adaptación das escaleiras para mellorar a súa accesibilidade e seguridade, a instalación de falso teito, a renovación da iluminación con tecnoloxía LED e luminarias de emerxencia, así como a dotación dun sistema de ventilación que garanta unha correcta calidade do aire.

A delegada da Xunta lembrou que o ano pasado este municipio tamén recibiu desta orde outros case 30.000 euros o que lles permitiu levar a cabo obras de reparación da envolvente exterior da Casa do Concello.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.