PUBLICIDADE

Mugardos inicia unha campaña polas colonias felinas

PorBisbarra

Venres, 7 Novembro 2025 ,
“Querer e coidar” pretende recoller comida húmida para as colonias felinas de Mugardos.“Querer e coidar” pretende recoller comida húmida para as colonias felinas de Mugardos.

O Concello de Mugardos realiza durante todo o mes de novembro a campaña “Querer e coidar”. Está destinada á recollida de comida húmida (latas) para apoiar aos voluntarios e voluntarias que coidan das colonias felinas do municipio.

Os veciños e veciñas poderán colaborar deixando as súas doazóns nos puntos habilitados. Estes inclúen o supermercado Eroski-Vegalsa de Mugardos e os colexios do municipio que participen na iniciativa.

O Concello quere agradecer especialmente a todo o voluntariado que dedica o seu tempo e esforzo ao coidado dos gatos. Asemade, anima á cidadanía para sumarse a esta campaña solidaria, contribuíndo así a mellorar a vida dos animais e a apoiar o labor de quen os protexe.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.