PUBLICIDADE

O Concello de Ferrol súmase á XII Edición do Camiño da Diversidade da Fundación Indaga

Rosa Martínez e Anxo García da Fundación Ingada

O Concello de Ferrol e a Fundación Ingada únense nunha nova iniciativa para reivindicar o valor da diversidade como elemento positivo e enriquecedor para a sociedade. A concelleira de Política Social, Rosa Martínez, avanzou que “dende o Concello sumámonos a esta nova actividade da Fundación Ingada para seguir traballando xuntos na inclusión social”.

Así, o Concello colabora na XII edición do Camino da Diversidade, organizada pola Fundación Ingada e que está prevista para próximo 27 de xuño. A iniciativa percorrerá unha etapa do Camiño Inglés entre Ferrol e Neda, nunha xornada festiva aberta a toda a familia e co obxectivo de poñer en valor, tamén, a diversidade.

“Trátase dunha iniciativa que une deporte, cultura, convivencia e inclusión social a través dunha etapa do Camino de Santiago, nesta ocasión percorrendo o Camiño Inglés entre Ferrol e Neda”, sinalou, Anxo García terapeuta da Fundación Ingada.

PUBLICIDADE

Con esta actividade, búscase promocionar a cultura de Galicia través do Camiño de Santiago e, ao mesmo tempo, poñer en valor a diversidade como un elemento enriquecedor e positivo para a sociedade. “Queremos enxalzar o labor que a Fundación Ingada vén desenvolvendo desde hai máis dunha década, prestando un importante apoio ás persoas afectadas por TDAH e ás súas familias”, sinalou Rosa Martínez. Ademais, esta iniciativa contribúe a sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a importancia da inclusión para construír unha sociedade máis accesible, participativa e integradora.

ETAPA FERROL-NEDA

A xornada dará comezo ás 10.00 horas no Baluarte de Santo Xoán. Os participantes percorrerán  aproximadamente 13 quilómetros ata o albergue de peregrinos do Concello de Neda, onde a actividade finalizará sobre as 19.00 horas cun ambiente festivo e un concerto  do grupo The Transfusions.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través de ataquilla O prezo da entrada xeral será de cinco euros e haberá unha modalidade solidaria de dez euros, que inclúe unha camiseta da Fundación Ingada.

A concelleira de Política Social anima á veciñanza a sumarse a esta iniciativa, “volveremos demostrar que Ferrol é unha cidade solidaria e comprometida coas causas sociais, tal e como xa quedou patente na elevada participación rexistrada en anteriores edicións”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.