PUBLICIDADE

O Concello do Carballiño renova ao completo o grupo semafórico de Catro Camiños para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria

A intervención, que tamén inclúe a substitución de sinais luminosas no casco urbano, contou cun orzamento de 80.000 euros

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Seguridade, vén de renovar ao completo o grupo semafórico de Catro Camiños, un dos puntos de maior densidade de tráfico da vila. A substitución das antigas sinais luminosas, xa obsoletas, ten como obxectivo mellorar a mobilidade e a seguridade viaria de peóns e condutores, así como favorecer a accesibilidade. “É unha intervención moi demandada e moi necesaria, xa que se trata dun cruce moi utilizado pola poboación”, resalta Alberto Otero, edil de Seguridade.

A intervención, que tamén inclúe a renovación de sinais luminarias no casco urbano, conta cun orzamento total de 80.000 euros. “En breves comezaremos as obras para a substitución do grupo semafórico do casco urbano, unha actuación que tamén mellorará de xeito notable a accesibilidade do centro”, engade Otero.

A aposta por reforzar a seguridade viaria é unha das liñas prioritarias da Concellería de Seguridade, que nos últimos meses tamén levou a cabo o repintado de sinalización horizontal en diferentes rúas da vila.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.