O Concello do Pereiro de Aguiar lanza un programa municipal gratuíto co obxectivo de reducir o abandono escolar. A iniciativa está dirixida a familias empadroadas no municipio con fillos ou fillas cursando 1º e 2º da ESO.
Máis en detalle, a administración local ofrece reforzo nas materias de matemáticas e lingua. O prazo de solicitude para inscribir ao alumnado está aberto ata o 10 de xaneiro. As persoas interesadas deben facilitar a solicitude cuberta, o DNI do pai, nai ou titor/a; as notas do primeiro trimestre do curso 2024-2025 e a declaración IRPF dos proxenitores.