PUBLICIDADE

O pleno de Ames aproba o suplemento de crédito por valor de 1.320.721,97 euros

PorBisbarra

Venres, 31 Xullo 2026 , ,
Imaxe do último pleno celebrado en Ames

A Corporación municipal aprobou  este suplemento de crédito con cargo ao remanente de tesourería que inclúe a modificación do contrato de remate da obra do Centro Multifuncional do Milladoiro por un importe de 213.514 euros o que supón un incremento do gasto que é preciso afrontar para rematar o Centro Multifuncional. Tamén se aprobaron o cambio de destino de financiamento dos proxectos “EDIL PLAN INTEGRADO AMES” e “Adquisición de Parcelas”; a fixación dos festivos locais; a actualización do inventario de bens; a Ordenanza Municipal reguladora do servizo de taxi; as Liquidacións provisionais da Mancomunidade da Serra do Barbanza; e Participación na segunda fase do POS+ Adicional 2/2026. A licitación do contrato da obra pública para as instalacións do Milladoiro e A Telleira será abordada finalmente no pleno ordinario de setembro debido a unha serie de consideracións achegadas polo grupo municipal do BNG e un escrito presentado polo PP. En canto ás mocións do PP, só foi aprobada unha delas.

O pleno ordinario de xullo comezou co alcalde dando conta á Corporación municipal dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria. Dende o último pleno ordinario aprobáronse 349 decretos, do 1986 ao 2334 . Neste apartado tamén se deu conta de cinco actas de Xunta de Goberno Local correspondentes ao meses de xuño e xullo, e do Decreto 2301/2026 sobre a liquidación do orzamento de 2025. Na parte resolutiva, o primeiro tema que se aprobou por unanimidade foi tanto a acta da sesión ordinaria do mes de xuño celebrada o 25 de xuño de 2026 como a acta da sesión extraordinaria do mes de xullo celebrada o 15 de xullo de 2026. 

A continuación, deuse paso ao quinto punto, arredor da aprobación do crédito extraordinario 1/2026 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. Neste senso, a medida foi aprobada mediante os votos a favor dos concelleiros/as do grupo de goberno e os do Partido Popular, mentres que a concelleira de Espazo Común, Luisa Feijóo, votou en contra. Os concelleiros e concelleiras do BNG abstivéronse. Deste xeito, apróbase o financiamento valorado en 319.127,82 euros para gastos necesarios para a prestación de servizos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.