PUBLICIDADE

O PP de Melide alerta da perigosidade da estrada da Martagona

PorBisbarra

Luns, 30 Marzo 2026 , , , ,
Imaxe denuncia que achegan os populares aos medios de comunicación para denunciar o estado da estrada

O Partido Popular solicita ao Goberno local que leve a cabo as actuacións necesarias para garantir a conservación deste treito que conecta o rural melidense co núcleo urbano do Concello.

“Os veciños da zona fixéronnos chegar a súa preopcupación ante unha situación que padecen cada día e que pon en perigo aos usuarios desta vía, tanto condutores como viandantes, nunha zona escolar moi transitada durante a semana”, din os populares.

Ante isto, o Partido Popular de Melide denuncia “novamente a reiterada falta de mantemento das estradas e pistas locais, esixindo ao goberno local un plan de acción realista máis alá de titulares baleiros aos que nos teñen acostumados”.

PUBLICIDADE

“O Concello di que arranxa pistas do rural e non fai máis que propaganda, pero os veciños quéixanse de que nunca poñen fin a un problema que deixaron medrar nos últimos anos”, sinalan os populares.

Engaden que “nas últimas semanas foi moi alarmante o estado da estrada da Martagona, cuxa evidencia do estado é que decidiron sinalizar as fochancas con catro conos de obra, tal e como se reflexa nas imaxes. Entendemos que esta zona ben merece un mínimo coidado, toda vez que se ubica nas inmediacións o CEIP Martagona e a Escola Infantil Municipal. Deste xeito, dende o Grupo Popular reclamamos ao Concello de Melide que proceda de inmediato a solventar os problemas que presenta esta vía, aproveitando o período vacacional dos centros educativos”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.