Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente e Adrián Villa, veñen de denunciar, en rolda de prensa, o ataque violento que se perpetrou na sede local desta formación e esixíronlle ao BNG que condene, de xeito claro, este actos.
José Ramón de la Fuente explicou que, “o pasado mércores 25, a sede do Partido Popular de Santiago foi obxecto de actos de vandalismo por un grupo de persoas, que se dedicaron a arrancar os carteis con información política propiedade do PP que estaban alí expostos, así mesmo, deixaron a reixa e a entrada invadida de carteis, pegatinas e mensaxes propias”.
Pola súa banda, Adrián Villa remarcou que “a pesar das imaxes e vídeos que puidemos ver todos, o goberno do BNG non condenou este ‘escrache´ á nosa sede e, o que é máis preocupante, non o condenou ante o Pleno municipal, polo que a alcaldesa perdeu unha magnífica oportunidade de exercer como representante de todos e de condenar os actos violentos que sufriu o Partido Popular, pero non quixo facelo”.




