PUBLICIDADE

O Punto Limpo de Ames rexistra 761 entradas durante o mes de marzo

PorBisbarra

Xoves, 7 Maio 2026 , , ,
A mestura de formigón, ladrillo e outros materiais e a madeira volveron ser os residuos máis depositados tanto no Milladoiro como na unidade móbil

O centro de depósito de residuos do Concello de Ames rexistrou un total de 761 entradas, 44 máis que o mes anterior, repartidas en 726 no Punto Limpo do Milladoiro, na rúa das Hedras, e 35 no Punto Limpo Móbil durante o pasado mes de marzo. Cifras que volven poñer de manifesto a responsabilidade de toda a veciñanza de Ames en materia medioambiental e a importancia de separar e reciclar residuos. O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais.

Tanto a mestura de formigón, ladrillo e outros materiais como a madeira volveron ser os residuos máis depositados no emprazamento do Milladoiro, cun total de 4.746 e 4.463 quilogramos, respectivamente. Ademais, os usuarios e usuarias tamén desbotaron 1.645 quilogramos de metais, 606 quilogramos de plásticos e 606 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES).

En canto ao Punto Limpo móbil, os PAES foron os residuos máis recorrentes, cun total de 48 unidades. Os metais, con 41 quilogramos, a madeira, con 29 quilogramos, a roupa, con 19 quilogramos e o aceite vexetal e os plásticos, con 15 quilogramos, foron outros dos refugallos con máis entradas rexistradas nesta unidade móbil.

PUBLICIDADE

Mes a mes, as cifras do rexistro en ambos centros de depósito de residuos seguen poñendo de manifesto do nivel de concienciación da veciñanza amesá co medio ambiente e coa importancia que ten para o noso día a día a reciclaxe e a reutilización dos residuos xerados.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.