O Concello de Ortigueira vén de asinar a escritura de compraventa dunha parcela na parroquia de Senra para crar unha área recreativa pública. Dita operación pechouse cun investimento municipal de 15.000 euros. Trátase dun paso administrativo para que o Goberno local tome posesión do terreo e inicie os trámites do proxecto.
Así, Ortigueira atende a unha demanda histórica da veciñanza de Senra. O obxectivo é crear un punto de encontro ao aire libre orienado ao goce das familias.
A futura instalación contará cun espazo de esparexamente equipado para a infancia. Asemade, contribuirá á revitalización e dinamización social da contorna rural do concello.
No tocante á localización escollida, responde a criterios de dinamización da vida da parroquia. Xa que logo, busca xuntar nun mismo espazo o ocio dos nenos e nenas e os adultos que frecuentan o centro social.



