A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto á alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e os alcaldes de Oroso, Alex Doval, Tordoia, Antonio Pereiro e a concelleira de Cerceda, Mª Carmen Martínez, participaron na inauguración do obradoiro de emprego Terras de Lenguelle II organizado por estes catro concellos unha iniciativa que permitirá formar durante nove meses a 20 persoas desempregadas nas especialidades de: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. O programa conta cun investimento autonómico de máis de 470.000 euros dos cales 13.500 son para 3 incentivos que consisten en 3.000 euros para as empresas por persoa contratada e outros 1.500 para o concello por cada inserción alcanzada.
A representante da Xunta na Coruña destacou que o alumnado desenvolverá durante os próximos 9 meses un total de 35 actuacións de mantemento, conservación, limpeza, roza, plantación e reforestación en espazos públicos dos concellos participantes.
Os traballos previstos permitirán mellorar e acondicionar parques, xardíns, áreas recreativas, zonas deportivas, contornas de centros educativos e outros espazos de uso veciñal, contribuíndo á conservación do patrimonio natural e á posta en valor das infraestruturas municipais.
ACTUACIÓNS
No concello de Trazo, as actuacións abranguerán a área de lecer de Viaño Grande, a área de lecer de Castelo, o xardín da casa consistorial de Trazo, a área de lecer de Chaián e a carballeira de Chaián, onde se realizarán labores de mantemento e conservación.
Os traballos estenderanse tamén ao entorno da escola de Berreo, ao entorno do local social de Berreo, onde se prevén labores de mantemento e plantación, e ao entorno da área de lecer de Berreo. Así mesmo, intervirase no entorno da piscina municipal, na carballeira de Benza, na praza do centro médico, na área de lecer de Oa e na área da Castiñeira.
Por último, en Trazo tamén se realizarán labores de mantemento e conservación no entorno do cruceiro de Santa María de Morlán.
No concello de Oroso, as actuacións centraranse no mantemento dos parques das escolas unitarias de Deixebre, Senra, Vilacide e Trasmonte, así como no parque do Carboeiro, na área recreativa de Penateixa e na área polideportiva de Porto Avieira.
No concello de Tordoia, levaranse a cabo labores de mantemento e conservación na área recreativa da Folgueira, así como traballos de roza, limpeza e reforestación na Braña da Fonte. As intervencións incluirán tamén o mantemento da escola de Belvís, traballos de roza, limpeza e plantación na Chousa Vella, e actuacións no antigo campo de fútbol de Viladabade e no antigo campo de fútbol de Gorgullos, neste último caso con labores de mantemento e reforestación.
Finalmente, no concello de Cerceda, os traballos desenvolveranse no xardín botánico, no Paseo Fluvial do Acebedo I e na área recreativa da Silva.
A delegada sinalou que este programa representa un exemplo de como a formación pode ir da man da mellora do territorio, xa que os participantes contribúen coa súa actividade á conservación e acondicionamento de espazos públicos de gran utilidade para a veciñanza.




