PUBLICIDADE

O punto Limpo de Ames rexistrou un total de 870 entradas ao longo do pasado mes de setembro

PorBisbarra

Mércores, 14 Outubro 2026 , , , , ,
O Punto Limpo do Milladoiro rexistrou 848 usuarios, mentres que o Punto Limpo Móbil contou con 22

O centro de depósito de residuos do Concello de Ames rexistrou un total de 870 entradas durante o pasado mes de setembro. O Punto Limpo do Milladoiro, situado na rúa das Hedras, rexistrou 848 usuarios/as, mentres que o Punto Limpo Móbil contabilizou 22 usuarios/as. Trátase dun importante servizo en materia medio ambiental, que pode empregarse para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais. Durante o mes de setembro destaca a achega de 5.362 quilos de mestura de formigón, ladrillo e outros materiais; e 5.316 quilos de madeira.

A madeira, mestura de formigón, ladrillo e outros materiais, e os metais volven ser os residuos máis depositados no Punto Limpo municipal de Ames, cun total de 5.316 quilogramos de madeira; 5.362 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros); e 2.221 quilogramos de metais. Ademais, os usuarios e usuarias tamén desbotaron, 1.134 quilogramos de plásticos e 993 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES).

Por outra banda, rexistráronse 409 unidades de residuos voluminosos; 236 quilogramos de envases de papel e de cartón; 166 quilogramos de lodos de pintura; 132 litros de aceite usado; 159 quilogramos de roupa; 70 monitores e pantallas de tipo CRT-R5; 39 litros de aceite vexetal; 58 unidades de residuos fluorescentes; e 33 unidades de grandes aparatos electrodomésticos (GAES), entre outros residuos.

PUBLICIDADE

Punto Limpo Móbil

En canto ao Punto Limpo móbil, os voluminosos e os metais foron os residuos máis recorrentes, cun total de 37 e 31 quilogramos, respectivamente. Seguíronlle pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), con 30 unidades; o aceite vexetal con 18 quilogramos; os plásticos con 11 quilogramos; a roupa con 10 quilogramos; o lixo procedente da construción con 4 quilogramos; os grandes aparatos electrodomésticos con 3 quilogramos; e o aceite usado, os envases vacíos de aerosol, a madeira e os produtos fotoquímicos, todos con un quilogramo cada un.

Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo

O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde.

Así, o Punto Limpo abre de luns a sábado, en horario de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88. Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.

Servizo do Punto Limpo Móbil

O Punto Limpo Móbil entrou en funcionamento en 2023, ampliando os servizos do Punto Limpo municipal do Milladoiro. Deste xeito, o último sábado de cada mes o Punto Limpo Móbil presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño, nos seguintes horarios:

-Urbanización de Aldea Nova: está diante do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, en horario de 11.00 a 11.45 horas.

-Urbanización de Agro do Muíño: está na dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, en horario de 12.00 a 12.45 horas.

-Urbanización de As Mimosas: está na zona da piscina, en horario de 12.55 a 13.30 horas.

O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.