A sesión de tardeo regresa mañá, sábado 8 de novembro, á praza de San Paio. A Carrilana e o pub Século IX organizan conxuntamente esta sesión que contará coas actuacións do DJ santiagués Javier Rial, dende as catro e media da tarde, e da formación galega The Botillos, contra as sete e media.
Así, os locais da praza buscan dinamizar as fins de semana de novembro, convidando a toda a veciñanza e visitantes a participar destes tardeos, que contan con espectaculos e diferentes actuacións que amenizarán as tardes dos sábados de outono.



