PUBLICIDADE

Aron Ayude, da Escola Ayude de Arzúa, logra o título mundial K1 na II World Cup de Tailandia de kickboxing

Aron Ayude, no centro, logrou a Copa do Mundo de Kickboxing K1 na segunda edición da World Cup de Tailandia WAKOAron Ayude, no centro, logrou a Copa do Mundo de Kickboxing K1 na segunda edición da World Cup de Tailandia WAKO

Aron Ayude, ao seu regreso de Bangkok, desprazouse ata Málaga onde conseguiu o Campionato de España de Muay-Thai

O deportistas da Escola Ayude de Arzúa, Aron Ayude, ven de proclamarse campión do mundo na segunda edición da World Cup de Tailandia de WAKO, en Bangkok, nas probas de Tatami e Ring Sport nunha cita na que se reuniu a elite mundial do kickboxing e que se disputou do 12 ao 15 de abril.

O representante galego de España conseguía a 1ª Copa do Mundo de pesos pesados K1, sumandoa ao seu palmarés no que tamén conta cunha Copa do Mundo Ring e outra en Tatami en categoría absoluta. A competición en Tailandia foi dura polas condición meteorolóxicas ademais do alto nivel de todos os participantes. Ao final, mostrou o seu domiño nunha final na que foi de máis a menos ata derrotar, técnica e tácticamente, ao seu rival uzbekistán.

Aron Ayude suma o Campionato de España de Muay-Thai

Case sen tempo para descansar, Aron Ayude regresou a España, máis concretamente desprazouse ata Málaga, onde o pasado 15 de abril, no Pavillón Cidade Xardín da localidade andaluza, disputou o Campionato de España de Muay-Thai. Aron Ayude dominó a categoría absoluta de principio a fin, e acabou subíndose ao máis alto do podio de novo e levándose a medalla de ouro.

PUBLICIDADE
Aron Ayude,  dereita tras lograr o Campionato de España de Muay Thai absoluto
Aron Ayude, dereita tras lograr o Campionato de España de Muay Thai absoluto disputado en Málaga
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.